Reunión de socios de Digital CologisTIC para evaluar o estado do proxecto

Os socios do proxecto Digital CologisTIC reuníronse o venres 31 de xaneiro para revisar o estado actual das accións en curso, incluíndo:

  • Estado de carga e validación en Coffee.
  • A coordinación da actividade 3.3 sobre feiras e encontros internacionais, analizando acordos sobre a organización de encontros, necesidades de xestión e datas, así como a selección de feiras nas que se participará en 2025.
  • A situación xeral do proxecto e a planificación dos seguintes pasos.

A reunión, que tivo lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, contou tanto coa asistencia presencial de todos os socios do proxecto: A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP), Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Autoridade Portuaria de Vigo, Clúster da Función Loxística de Galicia, Associação Empresarial de Portugal (AEP), Câmara Municipal de Famalicão e Administração dos Portos do Douro, Leixões e Viana do Castelo (APDL).

A sesión concluíu coa fixación da próxima reunión de socios, na que se continuará co seguimento das accións e obxectivos establecidos.