É un pracer convidarvos a asistir á Xornada Formativa “A Oficina Help Desk de Cambio Climático como Variable Estratéxica”, organizada no marco do proxecto Digital CoLogistics, que se celebrará o vindeiro martes 25 de febreiro de 09:00 a 11:00.
Contaremos coa presenza de Antonio Búa, delegado de Galicia Sur na Asociación Española de Transporte, quen compartirá a importancia de integrar o cambio climático como unha variable clave dentro das empresas, cun enfoque especial no seu impacto nos sectores do transporte e da loxística.
Estaremos encantados de contar coa vosa presenza!
- Data: 25 de febreiro de 2025.
- Hora: De 09:00 a 11:00 horas.
- Localización: Confederación Empresarial de Pontevedra | Avda. García Barbón, 104, Vigo.
- Información adicional: Durante o evento desfrutaremos dun almorzo mentres compartimos coñecementos e experiencias.
Inscricións e máis información: Contactar a través do correo inscripciones@gadi.com.es
