O próximo 23 de abril, no marco da feira Empack e Logistics & Automation en Porto, o Clúster da Función Loxística de Galicia organizará o Focus Group “Dixitalización do transporte e eCMR en España”, un espazo de debate centrado nun dos grandes retos actuais do sector: a dixitalización da documentación do transporte por estrada.
A sesión porá o foco no eCMR como ferramenta clave para avanzar cara a procesos máis eficientes, trazables e competitivos, especialmente no contexto das relacións loxísticas entre España e Portugal. A través deste encontro, búscase xerar un diálogo aberto entre empresas e expertos sobre as oportunidades reais de implantación, as barreiras existentes e o impacto na operativa diaria.
O formato será participativo, reunindo empresas con experiencia directa en solucións tecnolóxicas aplicadas ao transporte e finalizando cun espazo de debate aberto a todos os asistentes:
- LOCATEL: Patricia Posada, Responsable de Desenvolvemento de Negocio
- SOLPORT: Mario Vergara, Representante Comercial España Noroeste & Portugal
- CARGOFFER: Jorge Parada, CTO
- DOCUTEN: Mónica Chouza, COO
- VISUAL TRANS: Emma González, Responsable de Marketing e Comunicación
Este Focus Group enmárcase dentro das actividades do proxecto Digital Cologistics, que impulsa a creación de grupos de traballo especializados para analizar tendencias, identificar necesidades e definir recomendacións que aceleren a transformación dixital do ecosistema loxístico.
En concreto, esta sesión contribuirá a avanzar en dous dos eixos prioritarios do proxecto: a dixitalización da loxística e a mellora da competitividade da Eurorrexión, a través da adopción de solucións tecnolóxicas.
A participación neste tipo de dinámicas permite non só compartir coñecemento, senón tamén construír unha visión común do futuro do sector, aliñada cos retos do contorno europeo.
📅 23 de abril
🕒 15:00h (hora portuguesa)
📍 Exponor – Porto (Portugal)
O proxecto 0107_DIGITAL_COLOGISTICS_1_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.
